O sol mexe os ramos…
Só atento á beleza,
un fío de auga
escolle os clareiros
perlados de orballo,
e cae con estrondo
da pena escarpada.
E só a cada pouco
a ra sae a seco.
Acada o seu cumio
na verde eminencia
da pedra que aflora.
Só se é percibida
oculta o seu medo.
O sapo, cando ela,
é un seixo rolado
na herba enlodada.
Fala alto, enleado
no verbo da terra,
á trémula chama
do sol de setembro.
E gostan sen taxa,
nas verdes descidas
amadas do sapo,
o hálito fresco
da terra orballada;
a parva ledicia
do vento na herba…
Como non é doado
pór orde na fraga.

Francisco Domínguez Romero